A rede educativa do centro xa se caldea desde a planta de biomasa

O servizo centralizado e máis ecolóxico de calefacción conectouse aos edificios que ten Educación en Ramón Ferreiro e ao Lug2

Kari Acebo- El Progreso

A central de biomasa construída pola Consellería de Educación para ofrecer un servizo de calefacción común para todos os centros educativos da contorna de Ramón Ferreiro xa está en funcionamento.

A central presta servizo aos institutos Ollos Grandes e Lucus Augusti, ao colexio Anexa, á facultade de Formación de Profesorado, ao centro integral de FP Politécnico e á residencia estudantil Lug2. O complexo Lug1 vaise a incorporar tamén á rede, pero aínda non se abriu a conexión, aínda que será previsiblemente inmediata.

O servizo activouse a pasada semana e está a dar bos resultados, segundo sinala a delegación da Xunta en Lugo, á fronte da que está Javier Arias, onde apuntan que nalgúns edificios incluso se percibe co novo sistema unha mellora no confort térmico. No entanto, os equipos técnicos seguen traballando para a posta a punto do servizo nos distintos centros da maior mazá educativa da cidade.